Axuda do LibreOffice 26.2
This is a toggleable control that joins all cells in a rectangular selection into a single cell, or returns merged cells to the original individual cells. When merging it will format the merged cell as center aligned.
The control is shown toggled-on whenever there are merged cells in the selection, indicating that clicking the control will unmerge those cells.
Combinar celas pode provocar erros de cálculo en fórmulas.
Non é posíbel fusionar as celas de novo sen as desunir antes.
Normalmente pódese combinar unha selección de celas que parcialmente inclúa celas combinadas con Desunir celas seguido de Combinar celas sen alterar a seleccion inicial. O resultado dependerá fundamentalmente das escollas anteriores feitas ao combinar as celas coa Caixa de diálogo Combinar celas descrita embaixo.
Non é posíbel realizar unha selección múltipla, isto é, a selección debe ser rectangular.
A cela combinada recibe o nome e o contido da primeira cela da selección.
Se hai máis dunha cela combinada con contido, ábrese a caixa de diálogo Combinar celas.
Dispón de tres opcións:
Mover o contido das celas agochadas para a primeira cela:O contido das celas agochadas amécese ao da primeira cela e as celas agochadas baléiranse; os resultados das fórmulas que fagan referencia ás celas agochadas ou á primeira cela actualízanse.
Manter o contido das celas agochadas: Mantense o contido das celas agochadas; os resultados das fórmulas que fagan referencia ás celas agochadas non cambian.
Baleirar o contido das celas agochadas: O contido das celas agochadas elimínase; os resultados das fórmulas que fagan referencia ás celas agochadas actualízanse.